IniciosociedadeO Valadouro prepra a mellora do campo de fútbol da Árbore

O Valadouro prepra a mellora do campo de fútbol da Árbore

Nos vindeiros meses, desenvolveranse diferentes actuacións para mellorar as condicións de uso e seguridade da infraestrutura, como a reparación das aceras que rodean o céspede para evitar golpes ou lesións e a instalación de banquiños homologados, así como actuacións no peche do recinto para evitar que os balóns saian fóra.

Publicada o

- Advertisement -

O deputado de Deportes, Efrén Castro, reuniuse este venres co tenente de alcalde do Valadouro, Eduardo Chao, e co concelleiro de Deportes, Eliseo Teijeiro, para avanzar no proxecto de mellora do campo de fútbol municipal do Árbore, que se financiarán a través dun convenio de colaboración entre ambas institucións.

Nos vindeiros meses, desenvolveranse diferentes actuacións para mellorar as condicións de uso e seguridade da infraestrutura, como a reparación das aceras que rodean o céspede para evitar golpes ou lesións e a instalación de banquiños homologados, así como actuacións no peche do recinto para evitar que os balóns saian fóra.

De cara ao vindeiro ano, construirase unha grada con capacidade para un cento de persoas que ampliará a capacidade e a confortabilidade do campo, empregado de forma habitual polos máis de 70 nenas e nenos das escolas deportivas do Concello e da Asociación Deportiva Río Ouro.

O concelleiro de Deportes do Valadouro, Eliseo Teijeiro, destacou que “nestas semanas no goberno tratamos de axilizar os procedementos administrativos para poder comezar xa cos traballos de mellora do campo comprometidos. Neste ano, realizaremos as actuacións máis urxentes, e en 2022, construirase a grada, completando a reforma dunha infraestrutura deportiva fundamental para o Concello do Valadouro”.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, reiterou a disposición da área de Deportes a colaborar no financiamento destas actuacións que mellorarán as condicións do uso do campo e facilitarán a práctica do deporte, sobre todo nas categorías de formación. Neste sentido, subliñou o compromiso “da Vicepresidencia co tecido deportivo das distintas comarcas, cun abano de liñas de axudas para a actividade competitiva e para a organización de eventos que se convocan anualmente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...