Teatro no Valadouro coa peza “Vaia Faena, a Corentena”

E para o vindeiro 12 de decembro unha cita tradicional para toda a familia: Apalpadoriños, un espectáculo de danza, música e teatro para nenos e grandes.

Consistorio do Valadouro. GOOGLE MAPS

Este sábado, 4 de decembro ás 20:00 na Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Concello do Valadouro terá lugar a representación da obra Vaia faena, a corentena, escrita por Pepe Peinó para o grupo teatral “O Centiño” de San Martiño. A entrada será de balde ata cubrir aforo.

E para o vindeiro 12 de decembro unha cita tradicional e inesquecible para toda a familia: Apalpadoriños, un espectáculo de danza, música e teatro para nenos e grandes. Un nadal para cantar e bailar cos títeres xigantes de Apalpadora e Apalpador e os seus pequenos trasnos domésticos ou Apalpadoriños.

Ás 13:00 horas pasarúas por Ferreira e ás 18:00 o gran espectáculo dos Apalpadoriños na Casa da Cultura Manuel Lourenzo en Ferreira do Valadouro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here