InicioCentralO ValadouroO Valadouro acollerá a proxección do documental "Negro Púrpura"

O Valadouro acollerá a proxección do documental “Negro Púrpura”

Non é preciso facer reserva previa, pero solo se admitirá público ata completar aforo por orde de chegada.

Publicada o

- Advertisement -

O edil Eduardo Chao continúa con programación cultural semanal para todos os públicos no concello do Valadouro. Nesta ocasión, o sábado 18 de decembro ás 19:00horas proxéctase a longametraxe “Negro Púrpura” da productora galega Illa Bufarda no salón de actos da casa da cultura do concello do Valadouro.

Un documental, Negro Púrpura retrata a Galicia do s. XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época.

Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo, este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.

Non é preciso facer reserva previa, pero solo se admitirá público ata completar aforo por orde de chegada. No acceso ó recinto farase rexistro de cada persoa que accede ó local. Tamén no acceso ó local, se disporá de xel hidroalcólico e se comprobará que todos os usuarios leven as súas mascarillas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...