InicioCentralO ValadouroDetida unha veciña do Valadouro por unha plantación de cannabis con máis...

Detida unha veciña do Valadouro por unha plantación de cannabis con máis de 200 xermolos

A muller detida foi posta este pasado martes a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, que decretou o seu ingreso nun centro penal.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da ‘Operación Indoor’, detivo no termo municipal de Ferreira do Valadouro a unha veciña desta localidade de 41 anos de idade como presunta autora dos delitos contra a saúde pública por unha plantación de cannabis con 290 xermolos e plantas e defraudación de fluído eléctrico.

Así o informou o Instituto Armado, que detallou que no desenvolvemento desta operación realizouse un rexistro domiciliario no que se localizou unha plantación de cannabis sativa, envasadora sen aire, básculas de precisión, sistemas de videovixilancia de seguridade perimetral e un sistema eléctrico profesional orientado ao cultivo intensivo.

Así mesmo, interviñéronse no operativo policial varios recipientes con marihuana, haxix e cocaína, así como 290 xermolos e plantas de cannabis. A muller detida foi posta este pasado martes a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, que decretou o seu ingreso nun centro penal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...