InicioCentralO ValadouroO Valadouro acolle a exposición "Unha Nación, Unha Selección" coa colaboración da...

O Valadouro acolle a exposición “Unha Nación, Unha Selección” coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

A exposición consta de 30 paneis a xeito de testimonio fotográfico que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, donde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico.

Publicada o

- Advertisement -

Na mañá de hoxe inaugurouse a exposición “Unha nación, unha selección” organizada pola plataforma social Vía Galega e que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A través da mesma perséguese o obxectivo de facer efectivo o dereito a formar seleccións galegas en todos os deportes para competir a todos os niveis, galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.

A exposición consta de 30 paneis a xeito de testimonio fotográfico que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, donde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz, Ribadeo e Barreiros.

Asistiron á presentación o tenente alcalde Eduardo Chao, o concelleiro de Deportes Eliseo Teijeiro, o representante de Vía Galega Anxo Martínez, e representantes de clubes da localidade. A exposición pode visitarse a partir de hoxe na rúa Xosé Antonio Ferreiro González, a carón da piscina municipal, e durante dúas semanas.

Proposición non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir coas súas seleccións deportivas. Desde Vía Galega levan adiante tamén unha recollida de sinaturas para avalar unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galicia a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas, porque Galiza é unha potencia deportiva que brilla con luz propia, sendo referente mundial en moitos deportes e conta con deportistas e medallistas olímpicos e olímpicas, campións e campioas europeas a nivel mundial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...