Aberto o prazo de consulta no Valadouro para crear a comisión das Festas do Oito

Tamén se abre un prazo de consulta e información sobre as condicións do vindeiro concurso de arrendamento da cafetería do Centro Socio-cultural, xuvenil e da Terceira Idade "Manuel Lourenzo" de O Valadouro.


O Concello do Valadouro abre un prazo de consulta ata o 20 de xullo de 2022 para intentar formar unha comisión organizadora das Festas do Oito de Ferreira de O Valadouro.

Tamén se abre un prazo de consulta e información sobre as condicións do vindeiro concurso de arrendamento da cafetería do Centro Socio-cultural, xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.

Ambos prazos rematan o 20 de xullo de 2022 e para máis información nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here