‘Saborea a túa provincia’ enxalza a faba, a tenreira e o mel no Valadouro

Presentación de Saborea a túa provincia / Deputación da Coruña

O autobús cociña do programa ‘Saborea a túa provincia’ enxalzou a faba, a tenreira e o mel no Valadouro. A Praza de Santa María acolleu este sábado unha nova xornada do programa, na que o cociñeiro Nardo Eiroa, de Canedo Brasería, realizou un showcoocking no que se preparou unha tapa de faba, tenreira e mel. Ademais, contou con degustacións culinarias e talleres de cociña para a cativada.

I MUSICAL FOLK ASTURGALAICO VALDESOUTO

Por outra banda, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu ao I Musical Folk Asturgalaico Valdesouto, celebrado en Quintá de Cancelada, no concello de Becerreá.

A Asociación Cultural e Deportiva Chao de Seves impulsa esta cita, que conta cunha achega da Deputación lucense de 6.000 euros. Nel, numerosos músicos tradicionais da zona da montaña e de toda a provincia, pero tamén de Asturias, reuníronse nesta aldea “para celebrar unha cita na que se pon en valor o patrimonio inmaterial da comarca”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here