InicioCentralO ValadouroO Valadouro ampliará o campo do Árbol cunha nova grada e máis...

O Valadouro ampliará o campo do Árbol cunha nova grada e máis equipamento para mellorar as condicións de uso

As actuacións desenvolveranse no campo de herba artificial, no que xogan e adestran os equipos das categorías de base da Asociación Deportiva Río Ouro.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Deportes do Valadouro iniciou os trámites para licitar as obras de equipamento e mantemento do campo do Árbol, que financiará coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O concelleiro de Deportes valadourés, Eliseo Teijeiro e o deputado de Deportes, Efrén Castro,asinaron o convenio de colaboración que canalizará o investimento, dirixido a mellorar as condicións de uso desta instalación deportiva fundamental para o municipio tanto para usuarios e usuarias como para o público que se achega a seguir as competicións e eventos que acolle.

As actuacións desenvolveranse no campo de herba artificial, no que xogan e adestran os equipos das categorías de base da Asociación Deportiva Río Ouro. A obra principal consistirá na instalación dunha grada cuberta con capacidade para acoller a todas as familias e afeccionados que seguen os adestramentos e os partidos.

Ademais, colocaranse dous banquiños de 8 prazas, postes metálicos e redes na parte posterior das porterías para evitar que os balóns saian fóra do recinto deportivo – a carón da LU-152 – e reporanse as cantoneiras de madeira que protexen o bordo das beirarrúas que rodean o terreo de xogo.

Eliseo Teijeiro explicou que “a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo permitiranos levar a cabo unhas melloras moi demandadas por parte das familias que usan as instalacións” e remarcou que “para nós é unha prioridade que os nenos e nenas do municipio poidan divertirse e practicar deporte nas mellores condicións posibles”.

O deputado de Deportes Efrén Castro sostivo que “unhas infraestruturas seguras e que respondan as necesidades dos usuarios e usuarias facilitan a práctica do deporte, sobre todo nas categorías de base” e lembrou “que se presta ao tecido deportivo de base e afeccionado, sobre todo a través das subvencións de concorrencia competitiva destinadas ao gastos de actividade dos clubs e entidades deportivas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...