InicioM.ambiente e PatrimonioMariña Patrimonio organiza unha visita ao legado "precristián á fertilidade" no Valadouro

Mariña Patrimonio organiza unha visita ao legado “precristián á fertilidade” no Valadouro

Aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 27 de setembro, cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade.

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio organiza para o próximo sábado día 1 de outubro unha visita polo patrimonio do Valadouro, que terá como fío condutor os cultos precristiáns á fertilidade. Nesta saída contaremos coa colaboración do dramaturgo Xesús Pisón, que fará de guía durante todo o percorrido. Está previsto visitar, en xornada de mañá, a Igrexa de Santa Cruz, a Igrexa de Bacoi e o Pazo de Carrocide (Lagoa) e, en xornada de tarde, a capela de Santa Filomena (O Cadramón) e a Pedra Abaladoira (O Pereiro).

Aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 27 de setembro, cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita ao Valadouro, pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio.blogspot.com

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...