InicioCentralO ValadouroDivulgación literaria no Valadouro na Biblioteca Pública Municipal para o domingo 16...

Divulgación literaria no Valadouro na Biblioteca Pública Municipal para o domingo 16 de outubro

Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro domingo 16 de outubro ás 19.00, a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro presenta o acto de divulgación literaria Estrelas no bico, na fronte un cantar protagonizado por Estibaliz Espinosa e acompañado ao piano por Juanma Varela. Este acto, inserido no programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito consistirá nun recital de música, poesía e ciencia.

En palabras da propia Estibaliz que resume así a actividade: “Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas.”

Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...