O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro acollerá este sábado a obra de teatro infantil “Duncan de Palleiro” da compañía Lila Teatro. Será ás sete da tarde e coa entrada de balde.
Esta actuación enmárcase dentro do Circuíto de Teatro Profesional da provincia de Lugo, concretamente dentro do Ciclo Miúdos Seráns.
BREVE SINOPSE
“Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio: a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.
Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas, chamada Oubidos, da que se sente moi fachendoso.
Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa a ninguén indiferente. Amizade, amor e liberdade son as palabra que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.”
Organiza Vicepresidencia Primeira da deputacion de Lugo. Area de Cultura. e colabora a área de Cultura do concello do Valadouro.