InicioCulturaNoiteboa Infantil o 24 de decembro na Praza do Souto en Cervo

Noiteboa Infantil o 24 de decembro na Praza do Souto en Cervo

O 23 de decembro, véspera de Noiteboa, temos concerto na Praza dos Campos da man de Joni Ramos, dentro da programación de Nadal do Concello de Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

Este venres, 23 de decembro, véspera de Noiteboa, temos concerto na Praza dos Campos da man de Joni Ramos, dentro da programación de Nadal do Concello de Cervo; a partir das 21:00 horas.

O vindeiro 24 de decembro, como é tradición, celebrarase a Noiteboa Infantil na Praza do Souto. Este ano, a partir das 17h, contaremos coa ludoteca de xogos de Xogando nas nubes, ás 19h haberá un contacontos a cargo do Caxoto e, ao rematar, Papá Noel recibirá a todos os nenos e nenas que queiran achegarse a pedirlle os seus agasallos e entregarlle as cartas. Tamén haberá chocolatada e sorteos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...