“Camiñantes e Camiños” organiza a ruta de San Sebastián para o vindeiro sábado

O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, "sairemos ás dez da mañá desde o campo da festa da Rilleira para chegar á capela de San Sebastián da Rilleira".


A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Ruta de San Sebastián, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de xaneiro. Colaboran a asociación cultural A Parrala e Barreiros Mar e Monte.

O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “sairemos ás dez da mañá desde o campo da festa da Rilleira para percorrer 8 quilómetros polo Val de Cabarcos. Imos visitar a casa do antigo Concello, as ruínas do cárcere e a casa da notaría de San Xiao de Cabarcos e tamén a capela de San Sebastián da Rilleira. Queremos aproveitar esta ruta para coñecer un pouco máis da cultura do noso municipio”.

Gómez Puente sinala que “para as doce e media está previsto o remate da ruta a carón da Capela de San Sebastián, onde ofrecermos un pincheo aos asistentes. E despois á unha e media haberá unha misa na honra de San Sebastián, xa que o seu día se celebra o 20 de xaneiro, queremos deste xeito honralo”. O presidente de Camiñantes e Camiños anima “a participar nesta ruta, que programamos para este sábado, a través do Val de Cabarcos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here