InicioCulturaO Resurrection Fest Estrela Galicia anuncia a Parkway Drive como o cuarto...

O Resurrection Fest Estrela Galicia anuncia a Parkway Drive como o cuarto gran cabeza de cartel deste ano

Este martes dará a coñecer máis bandas confirmadas e a división por días.

Publicada o

- Advertisement -

Resurrection Fest Estrela Galicia anunciou este luns que a banda de metalcore australiana Parkway Drive é o cuarto gran cabeza de cartel para a súa edición de 2023, que terá lugar en Viveiro entre o 28 de xuño e o 1 de xullo.

A organización resaltou nun comunicado que este grupo, que xa pasou polo festival na edición de 2019, que se trata de “un dos espectáculos de música en directo máis grandes en todo o mundo”.

Deste xeito, lembrou que os outros tres grupos anunciados que completan as cabezas de cartel son Slipknot, Ghost e Pantera, un concerto que definiron como “exclusivo na península”.

Así, o festival indicou que este martes dará a coñecer máis bandas confirmadas e a división por días. Ademais, as entradas por un día saen á venda este xoves ás 12 horas na súa páxina web.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...