InicioCultura"En cada aldea había un veciño que se vestía do Apalpador"

“En cada aldea había un veciño que se vestía do Apalpador”

A provincia de Lugo tenta recuperar a figura mítica do carboeiro do Courel que tocaba a barriga dos nenos para controlar que non pasasen fame

Publicada o

- Advertisement -

A provincia de Lugo tenta recuperar a figura do Apalpador, o carboeiro das montañas do Courel que agasallaba aos nenos con castañas polo Nadal.

Semente Lugo, a Mesa Pola Normalización Lingüística, Mádia Leva, A Volta do Agro, Cántigas e Frores, O’Xeito, Troupelear, Tradescola e Lucecús Teatro, así como as librarías Trama e Biblos, coa colaboración da biblioteca municipal, o Concello e Deputación de Lugo, xuntáronse para realizar o pasado sábado un acto reivindicativo desta figura.

“O obxectivo é socializar unha figura que é nosa, que sempre o foi. Hai xente que o lembra non como un personaxe máxico, senón como un veciño. En cada aldea podía ser calquera que se vestía de Apalpador para recoñecer que non houbese fame, a razón pola que lle apalpaba as barriguiñas aos nenos, e que lles desexaba un ano de mantenza”, explican desde un dos colectivos.

Podes ler a entrevista completa neste enlace.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...