InicioCulturaPresentan en Foz os encontros de bandas das escolas de música da...

Presentan en Foz os encontros de bandas das escolas de música da Mariña

As cinco escolas de música levarán a cabo conxuntamente estes encontros de bandas, que se celebrarán este curso nos auditorios municipais de Burela e de Mondoñedo os días 15 e 29 de abril.

Publicada o

- Advertisement -

A primeira edición dos encontros de bandas das escolas de música da Mariña presentouse en Foz hoxe, venres, e desenvolverase no vindeiro mes de abril en Burela e Mondoñedo. No acto participaron os alcaldes de Foz e de Mondoñedo, Fran Cajoto e Manuel Otero, ademais dos directores das escolas de música participantes nesta iniciativa: Xan Carballal (Burela e Mondoñedo), Hugo García (Ribadeo), Felipe Sánchez (Foz) e Xulia Nogueira (Xove).

As cinco escolas de música levarán a cabo conxuntamente estes encontros de bandas, que se celebrarán este curso nos auditorios municipais de Burela e de Mondoñedo os días 15 e 29 de abril respectivamente. Os promotores desta iniciativa explicaron que “será caldo de cultivo para as relacións entre os alumnos pertencentes á materia de Banda das diferentes escolas da Mariña co fin de compartir en sociedade as vivencias musicais fóra do ámbito local”.

Os directores das cinco escolas están moi contentos de levar a cabo a iniciativa xa que “aportará aspectos moi positivos ás relacións entre os diferentes centros ademais de enriquecer a formación dos participantes”.

O alcalde de Foz comentou que “froito da colaboración saen as mellores cousas. Esta é unha gran iniciativa conxunta das escolas de música, unidas para un mesmo fin común: que as bandas de música medren, que os rapaces se animen a participar nunhas agrupacións musicais que temos presentes en tantas festas e eventos. En Foz recordamos a Arcadio cun enorme cariño, entre outras cousas por legarnos unha banda que leva o nome de Foz con orgullo alá onde vai e que preside os actos de maior relevancia do noso municipio, grazas agora á batuta de Pablo Peláez”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...