InicioCulturaGojira e Berri Txarrak, entre as novas bandas anunciadas polo Resurrection Fest

Gojira e Berri Txarrak, entre as novas bandas anunciadas polo Resurrection Fest

O grupo francés ofrecerá o seu único concerto en España no 2019 e os navarros deterán en Viveiro a súa xira de despedida

Publicada o

- Advertisement -

O Resurrection Fest anunciou este xoves novas bandas para a edición de 2019 do festival, que se celebrará do 3 ao 6 de xullo en Viveiro.

Entre elas destacan Gojira, de Francia, e o grupo navarro Berri Txarrak.

Berri Txarrak, que xa estivo na edición de 2015 do ‘Resu‘, ofrecerá un concerto da súa xira da despedida despois de 24 anos de música.

No tocante ás bandas estatais, a organización confirmou tamén aos barceloneses Crisix, que actuarán nalgúns dos mellores festivais de rock duro do mundo.

Tamén estarán Close To The Sky, CathexiaPerpetual NightControl de Plagas, KitaiNeilaCordura e Cabeza de Caballo, ademais dos galegos Dagla e Archivo Adxunto (A Coruña), e os viveirenses Back in Town.

Con respecto aos grupos internacionais, súmanse ao cartel Millencolin e Arch Enemy (Suecia), ademais dos franceses Gojira.

Gojira, un dos grupos máis solicitados polos seareiros do festival e que xa actuou no 2014 no campo de Lavandeiras, ofrecerá a súa única actuación en España durante o 2019 no Resurrection Fest.

BANDAS CONFIRMADAS

Co anuncio deste xoves, son 85 as bandas confirmadas para o Resurrection Fest 2019.

No cartel sobresaen Parkway DriveWithin Temptation e Cradle of FilthSlipknotSlayer ou Lamb of God.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...