InicioCulturaPresentado en Madrid a X edición do Festival Bal y Gay de...

Presentado en Madrid a X edición do Festival Bal y Gay de música clásica

O programa será inaugurado o 10 de agosto pola Real Filharmonía de Galicia, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cunha gala lírica dirixida por Maximino Zumalave.

Publicada o

- Advertisement -

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou este martes na Casa de Galicia en Madrid a X edición do Festival de música clásica Bal y Gay que, do 10 ao 24 de agosto, prevé a celebración de 13 concertos en lugares emblemáticos da Mariña lucense.

Lorenzo reivindicou a aposta da Xunta por esta cita cultural, aliñada cos obxectivos do Plan Xeración de Cultura, a folla de ruta da Xunta para fomentar o acceso á diversificación cultural.

Tras felicitar á organización pola súa traxectoria dunha década, subliñou que esta cita se converteu nun “referente da música clásica do norte de España”, e combina “de modo moi acertado” cultura e patrimonio en espazos como a Catedral de Mondoñedo ou a igrexa de Lourenzá.

Na X edición do festival haberá concertos en Viveiro, Alfoz, Foz, Ribadeo, Cervo, Mondoñedo, Lourenzá ou Barreiros, en escenarios como a fábrica de Sargadelos, a Catedral de Mondoñedo, a Basílica de San Martiño de Foz, a Fortaleza Alfoz, ou a igrexa de Lourenzá.

O programa será inaugurado o 10 de agosto pola Real Filharmonía de Galicia, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cunha gala lírica dirixida por Maximino Zumalave.

Nos seguintes días e nas diferentes localizacións actuarán, entre outros, o cuarto de saxofonoes Kebyart, a soprano Rocío Pérez, a violonchelista Sara Ferrández, a pianista María Joao Pires ou a Orquestra Sinfónica de Galicia. Tamén haberá concertos familiares, conferencias e talleres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...