InicioOrientalRibadeoO CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo celebra este os seus 50 anos...

O CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo celebra este os seus 50 anos coa visita do presidente da Xunta

O lema escollido para esta data é o de 'Educando co corazón'.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistirá este luns, 19 de xuño, ao acto conmemorativo do 50 aniversario do Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, que terá lugar a partir das cinco da tarde no auditorio municipal Hernán Naval. Tamén está confirmada a asistencia do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.

O lema escollido para esta data é o de Educando co corazón. No auditorio ribadense para falar do Presente, pasado e futuro no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz intervirán, entre outros, o ex director Antonio Martínez, a actual directora, Lourdes Marqués, e un bisneto de Gregorio Sanz. Tamén tomarán a palabra o alcalde ribadense, Dani Vega, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O colofón poñerao a Coral Polifónica de Ribadeo.

O Ceip Gregorio Sanz xa leva varios días celebrando o seu 50 aniversario. Agora o mesmo 19 de xuño pola mañá no Cine Teatro haberá unha actuación de Migallas Teatro, que porá en escena Brincadeiras da lingua e terá lugar un taller de maquillaxe a cargo de Óscar Aramburu. O día 20 será o día do deporte, o Ceip Gregorio Sanz organiza ese día unha sesión de zumba para 1º e 2º de Primaria. E tamén están previstas mostras de billarda e de xogos tradicionais, organizadas pola Anpa.

Durante a xornada do 21 pola mañá, e organizadas pola Anpa A Faxarda, haberá unha xincana por diferentes espazos da vila que Gregorio Sanz adoitaba a frecuentar, na que participará alumnado de 3º a 6º de Primaria. As nenas e os nenos de infantil e de 1º e 2º de Primaria participarán noutra xincana dentro das instalacións do colexio e gozarán tamén dun espazo de xogo libre con brinquedo tradicional e con material natural non estruturado, Xogando Miudiño e Terra.

Tamén o día 21 está prevista unha xornada de portas abertas de 17 a 18 horas e diversas exposicións. E a partir das 19 horas seguirán os actos do 50 aniversario, que culminarán cunha merenda-cea na pista cuberta do Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, onde ademais os asistentes poderán visionar fotos do pasado e do presente no centro. A nota musical da velada correrá a cargo de Tumba e Dalle e Corazones Jóvenes. Máis de 300 persoas asistirán a esta cita coa que se pecharán as celebracións do 50 aniversario e tamén o curso 2022-2023.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...