InicioCulturaConferencia de José Luís Cardero sobre os misterios das antigas relixións en...

Conferencia de José Luís Cardero sobre os misterios das antigas relixións en Barreiros

Esta conferencia representa unha oportunidade para achegarnos á historia relixiosa de Galicia e comprender mellor a diversidade relixiosa existente antes da imposición do Cristianismo.

Publicada o

- Advertisement -

Centro Sociocultural de Barreiros será o lugar de encontro este venres 7 de xullo ás 20.00h para a conferencia “Os Ollos da Deusa Primeira. Pegadas das relixións antigas”, impartida polo recoñecido antropólogo José Luis Cardero.

A conferencia “Os Ollos da Deusa Primeira” é organizada pola asociación socio-cultural Mariña Patrimonio e a asociación cultural Irmandade de Santo Estevo do Ermo, co apoio do Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

José Luis Cardero é licenciado e doutorado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. É especialista en Antropoloxía Social e Cultural ademais de socio honorario da Sociedade Antropolóxica Galega. Como investigador incide na hermenéutica antropolóxica, enfocada nas crenzas e na súa influencia política, económica e social. Ademais da súa actividade académica, colabora en revistas de investigación e divulgación así como en programas de radio e televisión.

Esta conferencia representa unha oportunidade para achegarnos á historia relixiosa de Galicia e comprender mellor a diversidade relixiosa existente antes da imposición do Cristianismo. Coa axuda de José Luis Cardero, teremos a posibilidade de descubrir as raíces ancestrais que seguen influíndo na actualidade na nosa forma de vida.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...