InicioCulturaA programación da xira de Santa Cruz trae a exposición 'Francisco Landín...

A programación da xira de Santa Cruz trae a exposición ‘Francisco Landín Pazos’ en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Até o 5 de agosto pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición Francisco Landín Pazos, unha alborada para Ribadeo. E o venres ás 10 e ás 12 da mañá haberá unha visita guiada a esta mostra. A actividade enmárcase na programación da Xira de Santa Cruz, que comeza así a quentar motores.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, manifestou: “achégase unha fin de semana importante: a da Xira de Santa Cruz. Como todos os anos, celébrase o pregón o sábado ás 20 horas no Teatro e o domingo será o propio día da xira”.

A edil ribadense contou que “ademais este ano para ir quentando motores podemos admirar unha exposición dedicada a Francisco Landín Pazos na Oficina de Turismo de Ribadeo dende onte, 1 de agosto. Este músico excepcional compuxo unha alborada para Ribadeo para dúas gaitas, tamboril e bombo. A exposición está a cargo de Felipe Rea Otero, que será tamén o noso pregoeiro”.

E engadiu: “podemos desfrutar tamén dunha visita guiada o venres 4 de agosto dende na propia oficina de turismo. Non dubidedes en asistir”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...