InicioCulturaEsgotadas as entradas para a X Edición do Festival Bal y Gay

Esgotadas as entradas para a X Edición do Festival Bal y Gay

Preto de 4.000 espectadores acudirán aos seus concertos nas próximas dúas semanas.

Publicada o

- Advertisement -

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inaugurará a décima edición do ‘Festival Bal y Gay’ este xoves 10 de agosto no Teatro Pastor Díaz de Viveiro (20:30 horas) con todas as entradas esgotadas. A prestixiosa orquestra, emblema cultural da comunidade galega con máis de 25 anos de historia, estará dirixida por Maximino Zumalave con Adriana Winkler como concertino e 45 músicos sobre o escenario. A RFG, que abrirá o festival por cuarto ano consecutivo tras debutar en 2020, iniciará a súa actuación coa ‘Oda a Don Quixote’ de Xesús Bal y Gay como homenaxe á figura do crítico, musicólogo, compositor e profesor lucense. Posteriormente, ofrecerá ‘Pulcinella (suite, rev. 1949)’ de Igor Stravinsky e a ‘Sinfonía nº.40 en Sol Menor’ de Wolfgang Amadeus Mozart como obra final do programa. Será a primeira das 14 actuacións previstas ata o 24 de agosto no evento, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña. Preto de 4.000 espectadores acudirán aos seus concertos nas próximas dúas semanas.

“O Bal y Gay é un dos referentes actuais do panorama galego xa consolidado. O que lle fai especial é que involucra non soamente a unha localidade, senón a toda a comarca. Ademais, ofrece a posibilidade de actuar nun espazo hermosísimo como o Teatro Pastor Díaz de Viveiro”, afirmou Sabela García Fonte, directora técnica da Real Filharmonía de Galicia. A RFG inaugurará por cuarto ano consecutivo o festival tras a súa primeira presenza en 2020, edición que supuxo o inicio dos concertos sinfónicos no evento. “Unha das misións fundamentais da RFG é difundir a música en todo o territorio ao que dá servizo. Por iso é moi importante para nós participar nos festivais musicais que dinamizan Galicia de maneira tan extraordinaria, como é o caso do Bal y Gay. Permítenos chegar a pequenas localidades ás que, doutro xeito, sería moi complicado. Unha orquestra do século XXI ten que ser aberta, diversa e sensible ao que sucede no mundo”, engadiu García Fonte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...