O musical infantil ‘Supercalifragilístico’, baseado na popular película ‘Mary Poppins‘, chegará a Burela o vindeiro 12 de xaneiro.
A compañía On Beat será a encargada de ofrecer o espectáculo, que adapta aos tempos actuais a cinta de Walt Disney, estreada no 1964 e que gañou cinco Óscars.
O edil de cultura, José Díaz, explica que “os nenos divírtense doutra maneira diferente e a coidadora encóntrase con problemas moi distintos. Xoga coa música e as cancións tan míticas daquela película para entreter aos nenos e apartalos das novas tecnoloxías”, indica.
O espectáculo comezará ás 18.00 horas. As entradas están á venta, a un prezo de once euros. Tamén se poden mercar no Mis En Plas.
CABALGATA
No tocante á Cabalgata de Reis, celebrarase o día 5 ás 19.00 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar desfilarán desde a Rúa do Ril ata a carpa na Praza da Mariña.
DÍA DO NENO
O luns 7 celebrarase o Día do Neno, na carpa instalada este Nadal na Praza da Mariña. Todas as actividades que se desenvolvan alí durante esa xornada serán gratuítas.