O musical infantil de Mary Poppins chega a Burela o 12 de xaneiro

Xa están á venta as entradas para o espectáculo, que actualiza a historia de Walt Disney

Musical infantil de Mary Poppins. AXM

O musical infantil ‘Supercalifragilístico’, baseado na popular película ‘Mary Poppins‘, chegará a Burela o vindeiro 12 de xaneiro.

A compañía On Beat será a encargada de ofrecer o espectáculo, que adapta aos tempos actuais a cinta de Walt Disney, estreada no 1964 e que gañou cinco Óscars.

O edil de cultura, José Díaz, explica que “os nenos divírtense doutra maneira diferente e a coidadora encóntrase con problemas moi distintos. Xoga coa música e as cancións tan míticas daquela película para entreter aos nenos e apartalos das novas tecnoloxías”, indica.

O espectáculo comezará ás 18.00 horas. As entradas están á venta, a un prezo de once euros. Tamén se poden mercar no Mis En Plas.

CABALGATA

No tocante á Cabalgata de Reis, celebrarase o día 5 ás 19.00 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar desfilarán desde a Rúa do Ril ata a carpa na Praza da Mariña.

DÍA DO NENO

O luns 7 celebrarase o Día do Neno, na carpa instalada este Nadal na Praza da Mariña. Todas as actividades que se desenvolvan alí durante esa xornada serán gratuítas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here