O circuíto das Feiras do Libro, impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías, chega este mes de agosto aos municipios lucenses de Viveiro e de Foz.
Segundo trasladou a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a décimo segunda edición deste evento arrinca este sábado en Viveiro coa apertura oficial a cargo de Nazaret López e Emily Sofía Castañeda como pregoeiras.
Ata o vindeiro martes, nos Xardínes de Noriega Varela, levarase a cabo un amplo programa de actividades que inclúe propostas como firmas de libros, espectáculos infantís, presentacións de novas publicacións, concertos e talleres.
Entre o 17 e o 20 de agosto, a cita cos libros chegará a Foz, coa instalación dos postos na praza de Conde Fontao. Tras o seu paso por Viveiro e Foz, o circuíto pechará a edición deste ano coa última parada en Monforte de Lemos, do 23 ao 26 de agosto.