A Feira do Libro chega a Viveiro e Foz este mes de agosto

A décimo segunda edición deste evento arrinca este sábado en Viveiro coa apertura oficial a cargo de Nazaret López e Emily Sofía Castañeda como pregoeiras.

Apertura da Feira do Libro de Foz, coa presenza do rexedor e da deputada Pilar García Porto. AXM

O circuíto das Feiras do Libro, impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Libraríaschega este mes de agosto aos municipios lucenses de Viveiro e de Foz. 

Segundo trasladou a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a décimo segunda edición deste evento arrinca este sábado en Viveiro coa apertura oficial a cargo de Nazaret López e Emily Sofía Castañeda como pregoeiras.

Ata o vindeiro martes, nos Xardínes de Noriega Varela, levarase a cabo un amplo programa de actividades que inclúe propostas como firmas de libros, espectáculos infantís, presentacións de novas publicacións, concertos e talleres.

Entre o 17 e o 20 de agosto, a cita cos libros chegará a Foz, coa instalación dos postos na praza de Conde Fontao. Tras o seu paso por Viveiro e Foz, o circuíto pechará a edición deste ano coa última parada en Monforte de Lemos, do 23 ao 26 de agosto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here