Antón López: “As rías son plataformas económicas, de intercambio de mercadoría e ideas”

O Proxecto Ría de Viveiro Fase I busca as pegadas da evolución histórica e económica de toda a ría viveirense como unha plataforma única de coñecemento. Antón López, un dos participantes, explica como as rías poden ser "plataformas económicas" que poñen en relación ás vilas e cidades das ribeiras con outros lugares moito máis lonxe da súa latitude e fan intercambios de mercadorías e coñecemento.

Fragata María Magdalena. YOUTUBE

-Como describirías o Proxecto Ría de Viveiro Fase I?

É a primeira parte dunha investigación que pretende estudar a influencia do mar sobre as poboacións nacidas arredor da ría de Viveiro. A idea é estudar desde os pecios arqueolóxicos como instalacións e xacementos que serviron para a explotación dos recursos mariños ou para asistir ao tráfico marítimo.

-Visto así, é como un intento de estudo sobre os diferentes períodos históricos arredor da ría de Viveiro.

Efectivamente, é un tipo de proxecto que non abundan mais temos a oportunidade de desenvolvelo nunha ría como é a de Viveiro. Proxectos como este en España creo que só hai dous máis.

-Detrás figura o Concello de Viveiro, tamén participan o de Xove e O Vicedo?

Agora mesmo estamos concentrados en puntos de Viveiro, por iso participa o Concello. Cando entremos en augas de Xove e O Vicedo coordinarémonos con estas municipalidades.

-Tamén hai universidades detrás desta iniciativa. Por que se implican centros tan distantes?

Si, están a UNED, Universidad de Cádiz e a Universidad de Buenos Aires. Moitos xacementos son paralelos tanto aquí como noutros lugares, un exemplo, os buques de guerra dos séculos XVII, XVIII e XIX, compartímolos entre Cádiz, Buenos Aires e nós. A explotación de recursos mariños tamén a compartimos porque somos territorios costeiros. A comparación de como se explotaban aquí coa explotación en Cádiz ou Buenos Aires enriquece a investigación para todas as partes. Búscanse paralelismos, se son opostos, por tanto, aparecen sinerxías entre colaboracións con persoas doutros lugares mais que axudan a enriquecer os diferentes estudos.

-Falades a evolución da vida arredor da ría. Iso sería como pensar na ría como unha entidade propia.

Si, pois se deixamos as cuestións ecolóxicas á parte, as rías son plataformas económicas. Estes espazos serven para a navegación, chegan os barcos, traen as súas mercadorías, fan intercambios creando unha interrelación coa poboación local. Esa xente que vive arredor da ría comeza a exportar tamén a través do mar, recibir cargas desde fóra e este fenómeno vai evolucionando. En cada momento da historia precisas elementos diferentes. Por exemplo, a montaxe dun estaleiro ante o tráfico marítimo que hai na ría. É o mar quen dá de comer ás poboacións asentadas nas liñas costeiras no sentido de ruta comercial e ruta para a chegada de novas ideas por medio de viaxeiros e mariñeiros doutras latitudes. Por tanto, grazas ao mar as poboacións crearon un sistema de vida que co tempo ía evolucionando. Un exemplo sería a vila romana de Area pois indica que no século IV D.C., xa salgaban peixe para conservalo e exportar o excedente e con iso entran as relacións co de lonxe. Búscase a través do mar esa liña de evolución, como impactou nas diferentes poboacións e como a través do tempo nos fomos adaptando a diversos períodos históricos.

-Como cales?

A conquista atlántica, como afectou a Viveiro. Hai un momento de guerra no Norte de Europa, como afectou ese momento ás poboacións da ría, que foi moito porque o temos documentado e aínda así necesitamos máis documentación. Isto último para chegarmos ao que non está documentado.

-Aí estás falando de bases documentais. Están moi dispersas?

Efectivamente, están moi dispersas e son moi limitadas canto máis vas cara atrás no tempo chegando a un momento en que non hai documentos escritos. O papel do arqueólogo é o estudo da Historia a través de restos materiais. Aínda que si temos un equipo traballando no apartado documental, nós buscamos respostas a través das néboas da Historia.

-Cales son os depósitos para consultar toda a información documental necesaria?

Os concellos poden ter bos fondos documentais, sobre todo os máis antigos, o Arquivo Diocesano, o Arquivo do Reino de Galicia, os arquivos do Estado e logo os máis especializados como o Arquivo da Armada en Viso del Marqués (Ciudad Real) e o de Simancas está en Valladolid.

-A día de hoxe que pegadas da evolución histórico-económica se poden ver a simple vista na ría de Viveiro?

Hai castros costeiros, a vila romana de Area, a de Burela, logo están os pecios de Ribadeo, o de Viveiro ou o de Xove chamado ‘Honor’,

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here