InicioCulturaLourenzá é centro dun foro arredor da figura de Fernández del Riego...

Lourenzá é centro dun foro arredor da figura de Fernández del Riego no que participan uns 20 especialistas

O curso de verán arrinca cunha reivindicación do papel do protagonista das Letras Galegas 2023 como ideólogo do galeguismo.

Publicada o

- Advertisement -

Lourenzá, a localidade na que naceu en 1913 o protagonista do Día das Letras Galegas de 2023, Francisco Fernández del Riego, acolle desde este luns e ata o vindeiro mércores un foro no que case 20 especialistas achegarán novas visións sobre a figura do homenaxeado, desde os anos novos da República ata os últimos do seu case centenaria vida.

A cita arrincou con dúas contribucións do presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, e a filóloga Malores Villanueva, biógrafa do autor, que puxeron o acento no perfil do homenaxeado como “arquitecto do galeguismo” (en palabras da profesora), máis aló do perfil proxectado de traballador incansable da cultura galega encargado de facer realidade as ideas concibidas por outros compañeiros.

Conforme lembrou a RAG nun comunicado, Del Riego foi impulsor de iniciativas da resistencia cultural en pleno franquismo esenciais para a preservación e promoción da lingua e da cultura galegas, entre elas a propia celebración que este ano lle rende homenaxe cadrando co 70 aniversario da súa creación.

Ademais, Victor F. Freixanes centrou a conferencia inaugural no papel de Del Riego na propia RAG, na que tamén foi un actor destacado da estratexia trazada polos galeguistas en pleno franquismo para devolverlle a súa esencia. “Na posguerra pilotou desde a retagarda o proceso de renovación da institución a favor da incorporación de personalidades comprometidas coa lingua e co pensamento galeguista, desvanecido despois da contenda”, lembrou.

Ademais, foi quen ideou a celebración do Día das Letras Galegas, “a súa achega de maior transcendencia para a lingua e a cultura galegas”, sinalou para lembrar tamén que asumiu, xa pasados os 80 anos de idade, entre 1997 e 2001, a presidencia da institución. A Real Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Concello de Lourenzá organizan o encontro Francisco Fernández del Riego na cultura popular do século XX, incluído na oferta de cursos de verán da USC e apoiado pola Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

O reitor da USC, Antonio López; a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; e o deputado da área de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo, Francisco Cajoto Caserío; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; así como o propio presidente da RAG inauguraron a cita, que se desenvolve no auditorio do Concello. Todas as sesións poden seguirse en directo desde a web da RAG, academia.gal.

PROGRAMA

No compromiso político, antes e despois da guerra, profundarase na xornada do martes, con achegas do director da Sección de Historia da RAG, Ramón Villares, o académico Lorenzo Fernández Prieto, os tamén historiadores Justo Beramendi e Uxío Breogán Diéguez e o filólogo Pablo García Martínez.

Xa pola tarde, o académico Jesús Alonso Montero poderán o foco na relación do Del Riego con Luís Seoane e o diálogo que supuxo a súa amizade entre o exilio interior e o exterior. O programa do segundo día do curso terminará cun percorrido didáctico pola Lourenzá de don Paco a cargo dos estudiosos locais da súa figura como Manuel Román e José López González.

O mércores a atención centrarase nas redes de resistencia cultural que Del Riego teceu e o seu reflexo en distintos epistolarios con amigos como Ramón Otero Pedrayo, Cunqueiro, Carballo Calero e Rodrigues Lapa, a paisaxe na súa obra, os seus textos memorialísticos, o seu labor á fronte da editorial Galaxia e a Fundación Penzol así como a Xeración Galaxia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...