‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un agasallo. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é o último adianto de Grande Amore antes da inminente publicación de ‘II’, o seu segundo disco. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un himno que por fin pode gozarse en plataformas.
Escoita ‘Ben sabe Deus que intentei’
Grande Amore prende a mecha e inicia a conta atrás. ‘II’ verá a luz a próxima semana, pero antes, quenta motores cun tema icónico que xa se consagrou como tal nos directos. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é ese amigo dándoche a man para axudarche a remontar setembro.
Grande Amore leva meses interpretando ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ nos concertos e o público tolea ao berro de “Eu non son deste mundo“; ten unha forza incontida, contaxiosa. ‘Ben Sabe Deus Que Ou Intentei’ chega tras os adiantos ‘Pelexa’, ‘Do meu corpo van nacer outros corpos’ e ‘Onde ela me quer levar’; todos eles, temas de ‘II’.
E é que Grande Amore, o proxecto desenvolvido por Nuno Pico xunto a Clara Redondo e mariagrep, deu coa tecla. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un berro desesperado por saír do pozo, un tema que consegue traer luz e facernos bailar. Directo, duro, intenso. Cunha base electrizante capaz de levarnos todo o máis alto e soltarnos desde alí; a adrenalina dun salto ao baleiro.
‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ está producida por Carlangas. As voces foron gravadas por Raúl Pérez na Mina; tamén el correu a cargo da mestura. O máster foi realizado por Cem Oral en Jammin’ Masters.
‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un agasallo. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é o último adianto de Grande Amore antes da inminente publicación de ‘II’, o seu segundo disco. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un himno que por fin pode gozarse en plataformas.
Escucha ‘Ben sabe Deus que intentei’