InicioCulturaA exposición 'Xusto Moreda e súa sintética realidade' inaugurada en Ribadeo

A exposición ‘Xusto Moreda e súa sintética realidade’ inaugurada en Ribadeo

Posteriormente, no Teatro de Ribadeo, desenvolveuse un recital poético no que estiveron presentes Ánxeles Penas, Marcia Campo, Miguel Anxo Mato Fodo, Xavier Rodríguez Baixeras e Toni deaño.

Publicada o

- Advertisement -

A exposición “Xusto Moreda e a súa sintética realidade. Exposición homenaxe a un espírito rebelde” quedou inaugurada este pasado sábado na Sala de exposicións do Parque de San Francisco. En dita sala reuníronse amigos e coñecedores do pintor ribadense así como moitos veciños que quixeron lembrar os lenzos de Xusto Moreda.

Posteriormente, no Teatro de Ribadeo, desenvolveuse un recital poético no que estiveron presentes Ánxeles Penas, Marcia Campo, Miguel Anxo Mato Fodo, Xavier Rodríguez Baixeras e Toni deaño. María Luisa Mon Bellón leu unhas palabras de Xavier Seoane enviadas expresamente para o acto homenaxe a Xusto Moreda, e tamén se escoitaron os versos de Eva Veiga (que enviou unha gravación cun poema dedicado ao pintor ribadense) e as palabras de Manuel Lourenzo, con quen mantivemos unha conversa ben entrañábel sobre o seu curmán, Xusto, da que reproducimos algunhas pasaxes. Así mesmo, transmitimos o apoio ao acto homenaxe a Xusto Moreda de Xulio Valcárcel (que dedicou este domingo 17 a súa columna da sección de cultura de El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa), de Xesús Pisón e Miguel Anxo Fernán Bello.

Todas estas persoas do eido da poesía, da dramaturxia, da crítica, e das artes plásticas coñecían tanto a Xusto Moreda, con quen gozaron de innumerábeis momentos de lecer e actividade creadora, como a súa obra, á que dedicaron no seu momento algúns dos seus poemas ou artigos especializados.

Desde a A.C. Francisco Lanza agradecen todo o apoio recibido para organizarmos esta exposición. A disposición das persoas convidadas sempre foi total e desinteresada. Destacan o importante papel xogado pola Deputación Provincial de Lugo, desde Vicepresidencia (Área de Cultura), e o apoio técnico e material do Concello de Ribadeo cuxos técnicos e técnicas sempre están ao noso dispor para poñer en marcha cada actividade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...