InicioCulturaO "Resu" sen entradas ás 24 horas

O “Resu” sen entradas ás 24 horas

Publicada o

- Advertisement -

Os primeiros abonos postos á venda para a próxima edición do Resurrection Fest , que se celebrará entre o 26 e o 29 de xuño de 2024, esgotáronse en 24 horas, a pesar de que aínda se descoñece o cartel do festival, que verá a luz “proximamente”.

Tal como informou a organización, o evento volveu a mostrar o seu “gran poder de convocatoria” despois de vender en 24 horas os miles de entrada dispoñibles a máis de seis meses de que se celebre.

“Esta medida foi tomada escoitando os miles de peticións de miles de fans que lle demandaban á organización a posta á venda de abonos para os seguidores máis leais: abonos postos á venda antes do anuncio de que artistas formarán parte de Resurrection Fest 2024″, engaden os organizadores nun comunicado.

Estas entradas ofrecíanse cun prezo especial. A pesar de que non se especificou o número de boletos vendidos, si se apuntou a que con este anuncio “o festival deu por vendido unha enorme porcentaxe do aforamento total”.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...