InicioCulturaA Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre a matanza e un cocido

A Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre a matanza e un cocido

Mariña Patrimonio anima continuar co coloquio posterior á charla compartindo o cocido que se servirá no restaurante Asturias (Ferreira do Valadouro) a partir das 14.00.

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado 11 de novembro a conferencia “A matanza do porco.Cultura e tradición” que impartirá o Doutor en Antropoloxía Social Xoán Carlos García Porral. O conferenciante ten publicada unha tese na que analiza o proceso de modernización capitalista ao que se veu sometido o sector agropecuario dende a década de 1960, e como na actualidade as comunidades rurais tentan manter a súa identidade social e cultural a través dos antigos espazos agropecuarios.

A actividade, que conta coa colaboración do Concello de O Valadouro e a área de Cultura da Deputación de Lugo, desenvolverase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro a partir das 12.00 e a ela poderán asistir, de maneira libre e gratuíta, todas as persoas que o desexen.

Mariña Patrimonio anima continuar co coloquio posterior á charla compartindo o cocido que se servirá no restaurante Asturias (Ferreira do Valadouro) a partir das 14.00. As persoas interesadas poderán por 25€ participar neste xantar comunicándoo a través do correo da asociación: mr.patrimonio@gmail.com. A data límite para se anotar ao cocido remata o xoves 9 de novembro.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...