InicioCulturaAvenged Seafold, Bring Me The Horizon, Alice Cooper, The Offspring ou Sum...

Avenged Seafold, Bring Me The Horizon, Alice Cooper, The Offspring ou Sum 41, no Resurrection Fest 2024

Publicada o

- Advertisement -

Resurrection Fest 2024 xa ten cartel, no que destacan os grandes nomes de Avenged Seafold, Bring Me The Horizon, Alice Cooper, Megadeth, The Offspring, Sum 41 ou Machine Head para, un ano máis, converter Viveiro durante tres días no epicentro mundial do rock, o metal, o punk e o hardcore.

Este venres, a organización do festival patrocinado por Estrella Galicia desvelou o primeiro avance do seu cartel para a edición deste ano, que se celebrará entre o 26 e o 29 de xuño con 89 artistas confirmados para os seus catro escenarios. En 2024 chegará a Viveiro un dos nomes máis demandados polo público do ‘Resu’, o dos estadounidenses Avenged Seafold, que se estrearán nun festival mariñán do mesmo xeito que os seus compatriotas Machine Head.

Bring Me The Horizon regresa a unha cita pola que pasará a xira de despedida de Sum 41, onde tamén estará outro dos ‘tótems’ do punk rock nas últimas décadas, The Offspring. A lenda do heavy Alice Cooper, Megadeth, Bruce Dickinson (cantante de Iron Maiden), Bad Omens, Corey Taylor (‘frontman’ de Slipknot) ou Babymetal son outros dos grandes nomes confirmados para o escenario principal.

89 BANDAS E MÁIS POR CONFIRMAR

No primeiro avance do ‘Resu’, que se reserva novas confirmacións para as próximas semans, tamén están Electric Callboy, Slaughter To Prevail, Accept, Fear Factory, Delain, Söber, Finntroll ou Crystal Lake. Ao ‘Ritual Stage’ subiranse Counterparts, Imminence, Shadow Of Intent, Hanabie, O Reno Renardo, Solence, Ankor, Jiluka, Lovebits, Urne, Crypta, Heriot, Sanguisusabogg, Ithaca , Gnosis, Nakkeknaekker, Noctem, Rise to fall, Teksuo, Bolu2 Death, Donuts Hole, Fallen At Dawn, Perpetual e Balmog.

No ‘Chaos Stage’ resaltan os nomes de Biohazard, Comeback Kid, Cro-Mags ou o dúo inglés Bob Vylan, así como o dos navarros Lendakaris Mortos ou os estadounidenses Scowl. Graveyard, Corrosion of Conformity, High On Fire, Maybeshivill, Twin Amorne ou Nashville Pussy son outras das bandas que conforman a oferta para o cuarto dos escenarios do festival, o ‘Desert Stage’.

ENTRADAS E ABONOS

O vindeiro luns 18 sairán á venda o resto de abonos para o festival despois de que esgotasen en apenas horas o primeiro lote cando aínda non se coñecía o cartel do festival. Así, poderán adquirirse a partir das 13.00 horas na web do ‘Resu’ (www.resurrectionfest.es).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...