Segue a campaña de micromecenado para ‘O Neno e a Sombra’, que xa acadou 6.000 euros

O equipo, maioritariamente mariñao, premiará con agasallos extra de alcanzar os 6.500 ou 7.000 euros de recadación

Xaime Miranda. AXM

O equipo da curtametraxe ‘O Neno e a sombra‘, que dirixe o cervense Xaime Miranda, acadou en 22 días o primeiro obxectivo de reunir 6.000 euros para financiar a gravación da peza.

Un total de 117 mecenas colaboraron na campaña de crowdfunding, que permanecerá aberta ata o día 28 de xaneiro na plataforma Verkami.

NOVAS METAS

O equipo, formado maioritariamente por mariñaos, asegura que no caso de conseguir os novos obxectivos, 6.500 e 7.000 euros, todos os mecenas recibirán recompensas extras en agradecemento á súa colaboración.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here