Anotan para o obradoiro de arrolos de Ugía Pedreira en Ribadeo, o 27 de xaneiro

O Concello impulsa unha actividade pensada para nenos de ata tres anos, cun prezo de tres euros e vinte prazas

Ugía Pedreira. EUTROPIO RODRÍGUEZ

O Concello de Ribadeo abriu o prazo de inscrición para participar no obradoiro de arrolos que se celebrará o vindeiro 27 de xaneiro.

A cantautora focega Ugía Pedreira dirixirá a actividade, incluída no proxecto Apego que desenvolve o goberno local ribadense. O taller está pensado para crianzas de 0 a 3 anos.

O obradoiro comezará ás 17.30 horas no Teatro e terá unha duración de dúas horas

O número de prazas é limitado para 20 bebés e con cada un deles poderá asistir unha persoa adulta. Como noutras ocasións, o grupo estará no escenario e poderá haber persoas no patio de butacas.

INSCRICIÓNS

Os interesados poden inscribirse na dirección de enderezo electrónico cultura@ribadeo.orgO prezo por participante é de tres euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here