InicioCulturaO realizador focego Manuel Gil adapta a Vidal Bolaño na súa primeira...

O realizador focego Manuel Gil adapta a Vidal Bolaño na súa primeira curta

O director mariñao presenta o tráiler de 'O jazz dos proscritos', que contou con actores como Miguel Pernas, Laura Ponte ou María Mera

Publicada o

- Advertisement -

O realizador focego Manuel Gil (Nois, 1983) vén de presentar o tráiler da súa primeira curtametraxe,O jazz dos proscritos. Trátase dunha adaptación da obra de teatroSaxo tenor, escrita por Roberto Vidal Bolaño.

Formado en realización audiovisualna Escola de Imaxe e Son da Coruña, colaborador habitual doPescados Rubén Burela FS en pezas audiovisuais, Gil participou na obra colectivaUn bo final, que gañou o certame CineOI no 2013, e a adaptación de Vidal Bolaño é a súa primeira película como director.

O realizador contou co apoio doutro mariñao, o burelao David Mon, que exerceu como axudante de dirección. O elenco do que dispuxo incluíu a intérpretes como Miguel Pernas, Laura Ponte ou María Mera, entre outros. Mesmo participou Roi Vidal, fillo do dramaturgo.

INTÉRPRETES RECOÑECIDOS COMO MIGUEL PERNAS, LAURA PONTE OU MARÍA MERA PARTICIPAN NA PEZA

Por que elixiches a obra de Vidal Bolaño?

A Escola de Imaxe e Son da Coruña abriu convocatoria para a financiación de proxectos en torno a Roberto Vidal Bolaño. Elexín esta obra en concreto porque me pareceu moi cinematográfica, de feito contén continuas referencias ao cine negro de Hollywood dos anos 40 e 50, e vin posible condensar en 20 minutos parte dela.

TRAMA

Cal é a trama da obra?

Uns veciños dun barrio marxinal reúnense á noite para ver a película que botan na tele, neste caso ‘Un tranvía chamado desexo‘. Colocan a tele no centro dunha pequena praza. A poucos metros a sangue dun asasinato aínda está fresca.

“A CURTA CONTA A HISTORIA DUN ASASINATO NUN BARRIO MARXINAL E TEN UNHA ESTÉTICA ENTRE O CINEMA NEGRO E OS ANOS 80”

Como definirías o estilo da curtametraxe?

A estética da curta xira en torno ao cinema negro, algo teatralizado, e misturado cunha estética oitenteira, pois a historia transcurre nesa época.

Para a parte que gravamos en flashback utilizamos outra realización distinta, máis “imperfecta” que permite eliminar ese glamour dese tipo de películas que na realidade non está presente nos barrios marxinais.

Cartel da curta. AXM

Quen financiou a curta?

A curta está producida pola Escola de Imaxe e son da Coruña, nunha producción independente da súa actividade docente.

Conta coa colaboración dos Concellos de A Coruña e Oleiros, así como de Chiripa Produccións e Filamento, os cales nos facilitaron moito material para poder lograr a estética pretendida.

SINGULARIDADES

‘O jazz dos proscritos’ non é unha curta ao uso. Por que se caracteriza?

Resaltaría dúas cousas ben particulares. Unha é que nela se poden ver partes da historia que na obra de teatro se mencionan, pero non se mostran. É unha maneira distinta de abordar ese argumento.

“PARTICIPARON 13 ACTORES, DURA MÁIS DE 20 MINUTOS E ESTÁ RODADA DE NOITE EN EXTERIORES. NON FOI SENSATO”, BROMEA O DIRECTOR

A segunda é o pouco frecuente da producción. É moi raro ver curtas de máis de 20 minutos de duración, corais, con 13 actores, 2 dos cales son nenos, en exteriores, rodada de noite e en Galicia, onde nunca podes preveer a climatoloxía ata prácticamente o día da rodaxe. Non é sensato facer algo así.

Como foi o proceso de gravación?

Moi bonito, con moita xente implicada e un equipo artístico con moitas ganas de participar nesta homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, alguén moi respectado.

Por outra banda pasounos de case todo, foi un proceso que se demorou moito por eso creo que por unha parte a curta se convertiu naquelo que narraba dos seus persoaxes, ten ese aire de proscrita tamén.

“O EQUIPO IMPLICOUSE TOTALMENTE, VIDAL BOLAÑO É MOI RESPECTADO. SORPRENDEUME A XENEROSIDADE DE MOITA XENTE”

Que foi o máis enriquecedor do proxecto?

O cariño e a xenerosidade de moita xente que participou, elenco e técnicos. Abraioume, e por iso nunca se podería permitir que quedase inconclusa.

PROXECCIÓNS

Acabades de presentar o tráiler. Que vén agora?

En breve anunciaremos datas para proxeccións que serán en primeiro lugar na Coruña. Despois iremos vendo a acollida.

Tés algún outro proxecto en mente?

Non me metín en ningún proxecto novo ata rematar este, para priorizar e por respeto a toda a xente que participou. Algún máis virá, iso seguro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...