Música e poesía este xoves en Foz, con Ricardo Seixo e o grupo Maraxe

A Pomba do Arco convida a asistir a un evento que mesturará poemas e músicas tradicionais

Ricardo Seixo, no centro. AXM

A asociación cultural A Pomba do Arco impulsa este xoves un acto poético-musical no que Ricardo Seixo recitará poemas e o grupo Maraxe ofrecerá un concerto. O evento celebrarase na Librería Bahía de Foz, a partir das 20.30 horas. 

Ricardo Seixo presentará pezas do seu último poemario, “Versos noctámbulos. Abracei a noite para bicar o amencer‘, que se combinarán con diferentes pezas musicais interpretadas polo conxunto de música tradicional galega e portuguesa do que tamén fai parte Seixo.

‘Versos noctámbulos’ contén 47 pezas que abranguen temáticas como a poesía cívico-social, o costumismo, o intimismo ou a reivindicación da muller.

Pola súa banda, o grupo Maraxe, integrado por diversos apaixoados do canto tradicional, conta con membros de grupos galegos como Verbas xeitosas, Tombalobos Orquestra ou Os parabéns.

A asociación cultural A Pomba do Arco convida á veciñanza da Mariña a este acto que ten como obxectivo divulgar a cultura galega.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here