InicioCulturaCarlos Blanco repasará en Viveiro os seus mellores monólogos

Carlos Blanco repasará en Viveiro os seus mellores monólogos

O espectáculo do cómico arousano ou un concerto infantil a cargo de Magín Blanco, ambos en marzo, son dous dos atractivos da programación cultural viveirense

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro deu a coñecer a súa programación cultural para o primeiro trimestre do ano, entre a que destaca un monólogo de Carlos Blanco ou un concerto para todos os públicos de Magín Blanco.

No espectáculo ‘Os meus mellores monólogos‘, Blanco repasará o 9 de marzo, a partir das 20.30 horas, as súas historias máis coñecidas despois de décadas a exercer a arte do ‘stand-up’.

Pola súa banda, Blanco presentará o sábado 16 -desde as 18.00 horas- un show musical adicado ao público infantil, ‘A nena e o grilo máis aló‘.

FEBREIRO

O primeiro dos espectáculos programados pola concellería de cultura é a obra ‘A canción elefante‘, de Redrum Teatro, que se celebrará o 9 de febreiro. A actuación, dirixida ao público adulto, comezará ás 20.30 horas.

Os máis pequenos poderán desfrutar das obras ‘Frankenstein. No soy un monstruo‘, de Pata Teatro, e Patapatúm, de Elefante Elegante, os días 16 e 23 de febreiro, respectivamente, a partir das 18.00 horas.

En marzo, Contraproduccións recreará a obra ‘Commedia‘, tamén para adultos. Comezará ás 20.30 horas, o sábado 23.

MAIO

Finalmente, en maio haberá dúas obras teatrais que terán lugar no primeiro fin de semana dese mes. Para o sábado 4, ás 20.30 horas, está prevista a representación de ‘Castrapo, de Os Náufragos.

O domingo 5, ás 19.30 horas, comezará a recreación de ‘Sainetes e poesía escénica‘, que porá en escea o grupo local Andanzas.

DÍA DA PAZ

O Concello de Viveiro unirase este mércores, 30 de xaneiro, á celebración do Día escolar da non violencia e da paz, que se celebra desde 1964.

A iniciativa xurde da colaboración entre a concellería de educación, os colexios de infantil e primaria de Viveiro e as Asociacións Beiras de Viveiro e Centro Comercial Histórico de Viveiro.

OS LOCAIS DE COVAS E VIVEIRO EXPORÁN OS MURAIS PACIFISTAS FEITOS POLO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS

O día 30 exporanse nos establecementos asociados de Covas e Viveiro, así como no Concello os murais feitos polos alumnos e alumnas de infantil e primaria da EEI San Roque, CEP Lois Tobío, CEIP Covas, CEIP Santa Rita de Galdo e CPR Landro para conmemorar esta data.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...