A corporación de Lourenzá respalda a homenaxe ao Gardarríos

PSOE, PP e BNG apoian a iniciativa veciñal na hora ao guerrilleiro antifranquista, o 23 de xuño

O Gardarríos, na primeira fila, á esquerda. CEDIDA/CIDRE FERNÁNDEZ

Os tres partidos con representación na corporación municipal de Lourenzá (PSOE, PP e BNG) acordaron apoiar a iniciativa cidadá de homenaxear ás figuras de Luis Trigo Chao, ‘O Gardarríos‘, e da súa compañeira Antonia Díaz Pérez.

O acto está previsto para o día 23 de xuño, con motivo do 70 aniversario do seu asasinato en Vilanova, a mans dos franquistas. A organización pretende que sirva como recoñecemento a todas aquelas persoas que colaboraron na loita antifranquista.

O programa inclúe unha mesa redonda en Mondoñedo, en horario matinal, e a inauguración dun monolito no cemiterio laurentino, pola tarde, logo dun xantar de confraternización. Anotan no 608.98.74.74 e tamén no correo electrónico homenaxegardarrios@gmail.com.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here