O Concello de Burela repartirá entre os centros educativos 1.000 exemplares dos libros ‘En Burela amamos a auga‘ e ‘Os Bolechas van en barco por Burela‘.
Os centros de Primaria e Secundaria recibirán a vindeira semana exemplares da primeira publicación, cofinanciada polo Concello e centrado no consumo responsable da auga.
A obra, escrita por Llerena Perozo Porteiro e ilustrada por Fran Muñiz, recolle información sobre a orixe, xestión e tratamento da auga a nivel municipal e consellos para un uso racional e sostible deste recurso.
A publicación, editada no marco das actividades do concello polo Día Mundial da Auga, foi distrubuída tamén en comercios e bibliotecas do municipio.
INTEGRACIÓN E SOLIDARIDADE
No caso de ‘Os Bolechas van en barco por Burela‘, o Concello centrará o reparto nas escolas infantís e nos colexios de Primaria. O conto sitúa a familia máis popular da literatura infantil en galego en Burela, como escenario dunha historia de integración e solidariedade.