Unha obra baseada nunha lenda de Nois, incluída nunha escolma teatral de Manuel María

A Pomba do Arco presenta en Foz este xoves un volume sobre o escritor chairego que contén 'Auto do alugado ou de Raboces'

Manuel María. AXM

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza este xoves, desde as 20.30 horas no Cenima de Foz, a presentación do libro ‘O teatro de Manuel María‘.

Participarán no acto Pilar García Negro, autora da edición da obra, e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, entidade promotora da publicación.

O volume recolle 33 pezas da autoría de Manuel María, entre elas o ‘Auto do alugado ou de Raboces‘, peza que dramatiza unha vella lenda de Nois.

FEITA A PETICIÓN DOS VECIÑOS

Elaborada a petición dos veciños, a obra foi representada en 2002 polo grupo de teatro O Coto de Faro con motivo dunhas festas patronais.

A asociación cultural A Pomba do Arco convida a participar deste acto que tamén pretende ser unha xornada de homenaxe e lembranza ao escritor chairego.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here