O Concello de Trabada organiza o venres 22 de febreiro a segunda edición dos Cantos de Taberna.
O goberno local impulsa esta xornada en colaboración cos establecementos hostaleiros Camiño Norte, Taberna da Curuxeira, Bar O Porfirio e Bar Villapol. Dado que non existe unha asociación de comerciantes, o Concello considera que a iniciativa axudará “a fomentar o turismo e dinamizar o sector hostaleiro”.
INSCRICIÓN
O evento comezará ás 20.00 horas e os interesados en participar teñen ata o venres, 8 de febreiro, para presentar as súas solicitudes. A actividade é gratuíta e os grupos poden anotarse no correo electrónico concello@trabada.es ou no número de teléfono 982.135.011.
As bases recollen, entre outros aspectos, o número de persoas mínimo e máximo das agrupacións participantes, entre cinco e dez integrantes.