‘Mariña Marabillosa‘. Así se chama a campaña de promoción da bisbarra que impulsan tres emisoras municipais da comarca; Radio Burela, Radio Foz e Radio Valadouro. Matías Nicieza, Pepe Peinó, Anxo Rivas e Juan Novás presentaron o proxecto xunto con Alfredo Llano, presidente da Mancomunidade de Municipios mariñá.
As radios prepararán programas especiais para presentar as marabillas da comarca. O primeiro deles será o 7 de xuño, e o espazo estará adicado a Xove. Emitirase de 20.30 a 22.00 horas en directo para Radio Burela (107.7) e Radio Valadouro (107.9). Poderase escoitar tamén en diferido o día 9, de 12.30 a 14.00 horas, por Radio Foz (107.4). O derradeiro será o 20 de setembro, e todas as emisións serán os xoves.
ELECCIÓN DA MARABILLA DA COMARCA
Ademais, o proxecto inclúe unha votación para elixir a mellor entre as 112 marabillas da Mariña. Os interesados en participar poden elixir as súas sete favoritas aquí e optar a premios. Tamén se pode deixar o voto por whatsapp no número de teléfono 619.38.99.97.