Redrum Teatro, Píscore ou os coches clásicos, atractivos da fin de semana

Ugía Pedreira ofrece un obradoiro de arrolos en Viveiro, Mondoñedo debaterá sobre a violencia de xénero e Julio Noche expón imaxes no Caseto de Copa de Cervo

Interpretación de Redrum Teatro. VIMEO

O Xornal da Mariña repasa, como cada venres, a axenda cultural e de ocio da fin de semana na Mariña Lucense.

BARREIROS

O domingo, o grupo de teatro Faro-Miño presentará a obra ‘Langreira de amor‘ (18.00 horas, centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro).

BURELA

Burela acolle a primeira Quedada de Vehículos Clásicos, que se celebrara o sábado 9 de febreiro. Organizan Concello e Autoclásicos da Mariña Lucense. Os automóbiles, dos anos 60 e 70, estarán de 11.00 a 14.00 horas na Praza do Concello e despois realizarán unha ruta polo municipio.

Cartel da quedada. AXM

O domingo, ás 18.30 horas no auditorio, haberá unha sesión de cinema gratuíta para todos os públicos.

CERVO

Julio Noche inaugura este sábado exposición fotográfica. Farao no Caseto de Copa de Cervo, a partir das 21.00 horas.

Exposición de Julio Noche. AXM

MONDOÑEDO

Este venres celébrase a segunda edición da Xornada Xurídica Cidade de Mondoñedo sobre violencia de xénero. O evento comezará ás 19.00 horas, na casa da xuventude. A entrada é de balde e nesta imaxe podes coñecer os relatorios.

Cartel da xornada. AXM

O VICEDO

O sábado (20.00 horas, casa da cultura), o grupo de teatro afeccionado Andanzas, de Viveiro, recreará a obra ‘Las entretenidas‘, de Miguel Mihura. A entrada é de balde.

Tamén o sábado, pola mañá (12.00 horas, casa da cultura),  celebrarase unha xuntanza para organizar as reivindicacións feministas de marzo.

RIBADEO

O grupo Píscore ofrecerá o domingo (17.30 horas, auditorio municipal de Ribadeo) un ‘Concerto Singular‘, pensado para toda a familia.

VIVEIRO

O sábado, Redrum Teatro recreará en Viveiro (teatro, 20.30 horas) ‘A canción do elefante‘.

Ugía Pedreira ofrece o domingo (11.30 horas, teatro Pastor Díaz) un obradoiro de arrolos para acolar.

XOVE

Galegas 8M convoca ao feminismo mariñao a unha xuntanza o sábado (19.00 horas, aula de formación do Concello) para organizar as protestas de marzo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here