InicioCulturaA axenda de ocio: Foz coroa á raíña do Entroido na cea-baile

A axenda de ocio: Foz coroa á raíña do Entroido na cea-baile

As Xornadas de Historia Local de Lourenzá, a charla da atleta paralímpica Desirée Vila en Ribadeo ou o partidazo entre Burela FS e Betis son outros atractivos da fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

O partidazo de Vista Alegre entre Betis e Burela FS, a cea-baile de Entroido de Foz ou as Xornadas de Historia Local de Lourenzá protagonizan a axenda cultural e de ocio da fin de semana. 

BURELA

O Pescados Rubén Burela FS xógase moito esta fin de semana en Vista Alegre. Recibe ao segundo clasificado, o Betis, ao que aventaxa en tres puntos. O encontro comezará ás 17.00 horas.

Renato protexe o balón ante Burrito, do Betis e ex xogador do Burela. AXM

CERVO

O sábado, o grupo de teatro infantil de A Adala recreará (19.30 horas, auditorio) a obra ‘Que cousas pasan no camiño‘, pensada para todos os públicos.

FOZ

Durante toda a fin de semana continúa en Foz, como prolongación do San Valentín, a Festa da Cociña Afrodisíaca.

Vinte locais ofrecerán tapas a un prezo de 1,5 euros, elaboradas con produtos como chocolate, ostras, fresas, algas, aguacate ou améndoas. Tamén haberá doces afrodisíacos, que prepararán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma, ao mesmo prezo.

Pero a gran cita en Foz é a cea-baile de coroación da Raíña do Entroido focego, na que participarán unhas mil persoas. Será o sábado, na carpa da sala Bahía, a partir das 22.00 horas.

LOURENZÁ

Este venres comeza a terceira edición das Xornadas de Historia Local de Lourenzá. No primeiro día, a partir das 19.00 horas no consistorio, proxectarase o premiado documental ‘Os días afogados‘. Ao seu remate, haberá unha conferencia sobre a lenda do Conde Santo.

Para o sábado, desde as 19.30 horas, queda outro relatorio, desta volta sobre o Catastro da Ensenada, e unha actuación musical. Ademais, poderá verse unha exposición de fotografías antigas.

MONDOÑEDO

A directora Jaione Camborda impartirá o sábado e o domingo en Mondoñedo un taller de iniciación ao cinema documental, para rapazada de entre 14 e 17 anos. Organiza o Concello.

RIBADEO

A atleta paralímpica Desirée Vila, a quen lle amputaron unha perna por unha neglixencia médica, ofrece este venres unha charla en en Ribadeo (20.00 horas, casa do mar).

O domingo (17.30 horas, biblioteca municipal de Ribadeo), presentación do libro disco-infantil ‘La comuna del barruzo‘.

VIVEIRO

Viveiro acollerá o sábado (18.00 horas, teatro) a obra de teatro infantil Frankenstein. No soy un monstruo‘, a cargo de Pata Teatro.

XOVE

O sábado (19.00 horas, centro cívico), o Coro de adultos do Conservatorio de Viveiro ofrecerá un concerto en Xove

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...