O Resu esgota abonos cun récord de antelación

A organización poñerá as entradas para un só día á venta "nas próximas datas"

Concerto no Resurrection Fest. GC

O festival de rock de Viveiro Resurrection Fest esgotou este venres os abonos á venta máis de catro meses antes do comezo do evento -que se celebrará do 3 ao 6 de xullo-, segundo informou a organización mediante un comunicado.

Durante esas datas, o festival reunirá no campo de fútbol de Lavandeiras, en Celeiro, a bandas de referencia a nivel mundial dentro dos xéneros como o heavy metal ou o hardcore, como Slipknot, Slayer, Parkway Drive, Lamb of God, Whitin Temptation ou Gojira.

Desde a organización do festival agradecen a confianza depositada no ‘Resu‘ por todos os que mercaron o abono, xa que se esgotaron os billetes cun récord de antelación.

NOVAS ZONAS DE ACAMPADA

Así mesmo, expoñen que nos vindeiros días sairán á venta as entradas para un só día, a un prezo aínda por determinar, xunto cos billetes para o acceso ás novas zonas de acampada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here