O Ceip Plurilingüe Vista Alegre de Burela cumpre dez anos de intercambios co colexio GBS De Bosmier de Balen (Bélxica). A primeira destas actividades foi en maio do 2008, cando 24 alumnos de sexto de Educación Primaria viaxaron á localidade da provincia de Amberes. Os rapaces teñen agora 22 anos.
Nestes días, ata o 31 de maio, 36 escolares belgas de quinto e sexto cursos de Educación Primaria desfrutan dun variado programa cultural e de ocio no municipio, encadrado dentro do plan Erasmus + da Unión Europea.
Os estudantes participaron nunha ruta xeolóxica co guía Fran Canosa. Tamén se desprazaron á Coruña, onde visitaron a Torre de Hércules, o Aquarium e a Casa das Ciencias.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu aos visitantes no consistorio. Explicoulles a importancia da pesca para o municipio e das 42 nacionalidades que conviven no concello. O rexedor entregoulles a rapaces e mestres un pin e un agasallo institucional para o centro de estudos. institucional para o centro do que proveñen. Ao remate do acto fixeron unha foto a carón do Concello.