Sés cantará a Víctor Jara ou Zeca Afonso en Ribadeo o 4 de maio

A cantautora bergantiñana inclúe a vila ribadense na xira do seu espectáculo acústico 'A rabia do silencio', que iniciará na Coruña en marzo

Sés. YOUTUBE

A cantautora bergantiñana Sés ofrecerá un concerto o sábado 4 de maio no auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo.

No espectáculo ‘A rabia do silencio‘, que comezará ás 21.00 horas, a artista repasará cancións populares, folclóricas ou de autor da tradición latinoamericana e peninsular nun formato acústico.

O repertorio incluirá pezas de Víctor Jara, Mercedes Sosa ou o Zeca Afonso. Sés estará acompañada de Tito Calviño (guitarra, percusión e coros) e Sabela Galbán (frauta, acordeón e voz).

AS ENTRADAS, Á VENTA O XOVES

As entradas, segundo confirmou a web da cantautora, estarán á venda a partir deste xoves, 21 de febreiro, na plataforma Ticketea.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here