Luz Pozo Garza visita a EOI de Viveiro, que leva o seu nome

O alumnado do centro recitou poemas da escritora mariñá en varios idiomas

Luz Pozo Garza, no centro, durante a homenaxe. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Viveiro pechou o curso cun acto co que celebrou o seu cambio de nome. En diante, o centro chamarase Luz Pozo Garza na honra da escritora mariñá, que acudiu ao evento, aos seus 95 anos.

O claustro do centro solicitou o cambio de nomeamento para adherirse á campaña #NomearnosEnLila, impulsada polo Observatorio da Mariña Pola Igualdade. O colectivo feminista quere normalizar os nomes de muller neste tipo de recoñecementos, o que por agora só ocorre en dous casos dos 46 centros educativos da bisbarra.

RECITAL

Durante o acto, o alumnado da EOI viveirense recitou poemas de Pozo Garza -natural de Ribadeo, pero que viviu a súa nenez en Viveiro- nos idiomas que ensina o centro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here