O Concello de Xove abriu o prazo para anotarse na peregrinaxe da romaría de San Antonio da Rigueira. A data límite para inscribirse na actividade é o 8 de xuño, e os interesados poden anotarse chamando ao 982.59.20.01 ou enviando un correo electrónico ao e-mail lucia@xove.es.
OS ROMEIROS PODEN ELIXIR ENTRE OITO RUTAS POSIBLES ATA A IGREXA
Todas as persoas que participen na festa cunha peregrinaxe ata a Igrexa da Rigueira recibirán a Ventura, a insignia de ter completado o camiño, e a azucena, a flor de San Antonio. Os romeiros teñen a posibilidade de facer oito rutas no municipio, aínda que a dos Muíños, que parte da capital municipal, é unha das que teñen maior éxito.
O Departamento de Turismo, Investigación Social e Muller iniciou hai nove anos un proxecto de recuperación da antiga romaría que está a ter bos resultados.
PREMIOS
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a edil de cultura, Dolores Meitín, fixeron entrega de premios aos gañadores do Concurso das Letras Galegas 2018, que incluíu dous certames, o de artes plásticas e o de literatura. Os nenos foron agasallados cun lote de material didáctico e recibiron cadanseu diploma.
